Skip to Content

Blog Archives

Benigno Redondo: «A apertura de máis estacións de servizo non é a medida correcta para abaratar os prezos»

crtvg.es/informativos| Publicado o 20/11/2018 11:26

Benigno Redondo: "A apertura de máis estacións de servizo non é a medida correcta para abaratar os prezos"

Na entrevista do ‘Bos Días’ falamos do prezo dos carburantes ou do futuro do diésel con Benigno Redondo, presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo.

  • Sobre a limitación dos combustibles para o 2040

«Despois do recente decreto deste Goberno, creo que debera haber unha mesa de reunión en que as diferentes partes estiveran presentes».

«Desde o Goberno de Sánchez púxoselles o veto aos combustibles fósiles no 2040. Nós reivindicamos que hai outros combustibles que na fase de transición poderían convivir, como os gases. Xerouse unha situación de alarma que está freando a compra de vehículo».

«Os transportistas están claramente preocupados, polo prezo actual dos combustibles e pola data de caducidade».

  • Compromiso co medio natural

«Tamén estamos comprometidos co medio ambiente e intentamos achegar o noso gran de area. Traballamos para que moitas estacións de servizo galegas teñan recargadores eléctricos, rápidos ou semirrápidos, e combustibles alternativos como o GNC e GLP».

«Estamos comprometidos co medio natural. A transición enerxética é necesaria. Xa temos punto de recarga eléctrica e doutras enerxías alternativas. Seremos provedores enerxéticos dos coches do futuro, sexa cal sexa».

«Ao coche híbrido tamén lle puxeron veto no 2040. Era unha realidade que estaba funcionando moi ben, e agora a xente tamén ten dúbidas».

  • Sobre os prezos en Galicia e a apertura de máis estacións de servizo

«Nós encargámoslle un informe de prezos a unha empresa independente, que di que aínda que Galicia non é a comunidade máis cara, tampouco é a máis barata. Temos que ter en conta que aquí temos o máximo do céntimo sanitario, que tamén é un factor clave».

«Pónselle o veto aos combustibles fósiles, pero ao día seguinte deste anuncio, o presidente Feijóo di que hai que abrir máis estacións de servizo. Fai falta un tempo de amortización que non se tería para facer un investimento tan importante».

«A competencia non nos asusta. Seguiremos adiante seguro. Cremos que abrir máis estacións non é a medida correcta para rebaixar o prezo, porque temos moitas estacións pechadas».

«Noutros lugares da UE ocorreu o contrario. Cando aumenta a competencia, inicialmente os prezos baixan, pero logo rematan subindo».

«En Galicia, case todos os centros comerciais teñen unha estación de servizo asociada. Temos competencia máis que suficiente. Os usuarios teñen oferta suficiente para elixir».

 

READ MORE

La asociación de EE.S de Navarra denuncia que las instalaciones automáticas incumplen la Ley

Navarra
noticiasdenavarra.com | ERIK MUGARZA / JAVIER BERGASA – 14.06.18 06:02h
Critican, entre otros factores, la falta de seguridad y de accesibilidad

READ MORE